Se melide non existira, se cadra non pintaría estes cadros coma un historiador, atoutiñando sempre baixo esas nubes e ese aire que me salva e me condena.se cadra nunca pintarei un cadro que me encante, pero seguirei pintando este escenario de melide porque...eu que sei? Velaí a fornada do ano 1974, cando pintei moito do natural, uns 22 cadros nun outono de paro escolar, despois de vir pintando estampas e algún intento natural. Logo foi unha colección de bodegóns, caza e froitos e cacharros, polo 1975, todos cadros caseiros feitos ó natural. Aprobara as oposicións.Escola e seguridade.Non pintor mercenario. Ano 1978- 79 Pintura do natural e comezo de apuntes do natural para logo pintar na casa. Do 80 ó 85, pintura vermella, moi expresiva, colorista e escasa. A escola...o museo...o boletín...rouban tempo á pintura. Un libro con 600 debuxos e o seu texto. outro libro con 100 debuxos e moitas horas de arquivo entre papeis vellos. Pintura momumental, oleo e acuarela. cousas de aquí e de alá,agora pintar e facer as ilustracións do novo libro: Santantoíño de Toques... Fin...
pintor e debuxante autodidacta, que non asistiu a clases reguladas en aula, con exames e todo iso, que aprendeu o que sabe de un melidense: Antonio Castro, pintor de grandes calidades. Logo viu todas as exposicións que puido, paseou polos museos de medio mundo e aprendeu do traballo, que sempre lle parece pouco, e da natureza...e todo iso compartido con outras cousas, mesturando todo nunha ensalada polifacética...teño a manía de atoutiñar en varios temas, e que lle vou a facer...etc.etc...